28 de março de 2005

salvame

porque estou a punto de rebentar. xa non podo máis. e non consigo saber qué me pasa. pero necesítote cerca. cada día máis... a ti? non o teño moi claro. cada día que pasa teño máis dúbidas. e teño tremenda telaraña neuronal que non sei nin de qué dubido, nin por qué choro, nin qué teño, nin qué quero, nin a quen quero... non teño nin puta idea de nada. e pídoche a ti que me salves... a ti! ten narices... que non sabes quen son, nin que penso, pero que me encendiches unha vela no medio de tanta oscuridade. unha vela que se consumirá, si, pero que está aí... acesa aínda... con rachas de vento que a queren apagar, pero aí segue, encendida... alumándome con altibaixos...
igual si que sei qué me pasa... pasa que estou até as narices dalgunha xente que vai de lista... e de recordar cancións que só eu escoitei, de vivir perdida entre abril e novembro... de quererte sin quererlo... a ti...
aínda así... necesítoo... sáLvamE... ou dame mi alma y déjame en paz!

19 de março de 2005

qué noites noites...

ei! eres el de la portada!" sí, señora. era o da portada. era xOel lÓpez. en persoa. ghuapérrimo. e moitas risas. moitas. moitas. unha botella de calimotxO metida nun armario. e algo ida. si. un pouquiño. e hOxe? hoxe si. ida de todo. sEi que o cOrtingLés é unha esTafa. si. como ves. 17 euros... pájaros mojados. non o creo nin eu. e entradas amañadas. por fin. unha semana. si. menos mal. e os lunS ó sOl. moitos, por favor. rás-ráns-ranas. ti como dis? eu sempre dixen mUchísimo. e quero un portal cada sábado. si. vale? vale! e 400 fotos. batir o récord. e unha cea que hai pendente. con tarta de chocolate. e moitos máis viaxes en tren. olladas. mimá! que boca! a pobra do fiestón? nOn. gracias. nunCa máiS villa marchosa. indignante. inDiGnanTe! que dirá navaZa. el sorro. rOsaura. iL? si, alBerto san Juan. el diOs. si. bUenafuente... non. Wyoming. bah. quen é diOs? xa non macordo. lA yerbAs. la osTia. nin Fitis, nin Santis, nin Diegos. nIn marCos. jAjEjIjOjU! tururú. até o 29! sobre tOdo rapaCes e raPaza! que... isO

8 de março de 2005

falar galego... no veo por qué

o título deste post está sacado dun libro da miña profesora de Galego I, Ana Iglesias.

aínda que moita xente nin sequera pense nisto, Galiza sofre unha situación diglósica. a Diglosia é o conflito lingüístico que consiste en que unha lingua A [ou dominada ] sexa absorvida por unha lingua B [dominante]. neste caso, o galego segue a estar absorvido polo castelán. e parece que só a 12 alunos de Filoloxía Galega [por curso e facultade, como media] nos importa un pouco. todo o mundo di que o galego es muy bonito, pero es que a mi de pequeño me enseñaron a hablar castellano. a min xa non me vale de excusa. ti tamén sabes falar galego, moléstate un pouquiño e inténtao, porque se non o intentas nunca, nunca vas aprender, e iso quere dicir que aos teus fillos ti tampouco lles vas ensinar a falar galego, é dicir, tampouco o van falar, e así sucesivamente, até que os galego-falantes sexan unha pequena aldea luguesa [;b] no medio dos Ancares e o Caurel onde non hai nin electricidade, e que os antropólogos culturales utilizarán para facer traballos de campo [algo se me quedou de Filosofía :D].

o desprestixio que aínda ten o galego tén moito que ver coa historia. coa historia de hai séculos, e coa historia de hai décadas. graZas a uns Xefes de Estado completamente centralistas, en distintas formas, prohibiuse falar galego [en Galicia!] conseguindo así que a nobreza primeiro, e os de arriba despois falasen en castelán, propiciando que, nun intento de querer mellora-la súa situación, algúns dos que estaban abaixo os imitasen. claro que, sempre hai extremos, como pegar a un neno que falaba galego na escola... [pensade que esaxero, pero é un caso moi cercano].

e a pesar de tres Séculos Escuros na literatura, e grazas ós campesiños e as clases baixas, o galego sobreviviu e evolucionou. por iso tÓdolOs galegos deberiamos estar tremendamente orgullosos do noso patrimonio lingüístico, da herdanza que os nosos antergos nos deixaron, aínda téndoas que pasar putas. xa o dixo Castelao: se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma.

segundo un informe da UNESCO, o galego é unha das mil linguas en perigo de extinción... e cando unha lingua se perde, non só se perde unha lingua... pérdese unha identidade, un patrimonio e unha cultura. eu quero resistirme a pensar que polo pasotismo dalgúns, algún día o galego só sirva para interpretar textos históricos. así que:

FaLa gaLegO... é CuestiÓn de viDa ou mORte...
[adicado a Iván e Noelia, porque me inspiraron :)]

[e tamén a Patricia, Jenni, Estela, Benxamín, Óscar, Conchi, Anxo, Sandra, Termi, Rover, nOa -esa son eu-... veña... e a Olalla tamén, por estudiar Filoloxía Galega e querer aprender e ensinar esta Obra de Arte :D]

hoxe teño medo

teño medo a enfrontarme á realidade.
medo a quedarme soa, a que me olviden, a que só me recorden a medias. a non verte nunca máis.
a non saber que dicir, a mirarte, a poñerme nerviosa só con verte.
a non sero o que quixen e ser o que todo o mundo espera. medo a non ser o que todo o mundo espera e ser o que eu quixen.
medo a non dar feito, a ser mala ou boa demáis.
teño medo a soñar e espertar e ver que nada é como eu quero. medo a medrar.
teño medo a non atoparme, a esquecer o que son, a non gustar, a non saber o que penso. medo a cambiar para peor.
teño medo a non saber escribir, a non poder dicir o que penso, a abrir os ollos e que me cegue todo o que me resito a ver.
teño medo a deixar de ser feliz por cousas que perden o sentido se se explican. teño medo a deixar de ter ilusións.
teño "medo que dá medo do medo que dá" [pedro guerra]

miedo de volver a los infiernos, miedo a que me tengas miedo, a tenerte que olvidar... miedo de quererte sin quererlo, de encontrarte de repente, de no verte nunca más... [m-clan]