16 de novembro de 2004

13 - N

tudos os versos são sempre escritos no dia seguinte
F.Pessoa

doe o que xa non interesa
e Compostela parece hoxe
unha cidade pantasma
habitada polo vento.
(...)
na pedra...
na miña cabeza...
e quero berrar
que outra vez, contigo.
e xa non teño voz...
...de tanto berrar...
que Nunca Máis
á marea canalla dos piratas do mar!!*
[non me cansarei]

Compostela, 14 de novembro do 2004

[adicado a Carla, Benja, Óscar, Rubén, Xacobe, Miki, Xabi, Xampi, Diego, Dani, Héctor, Mari, María e demáis xente que fixo da noite de Lixo unha noite de Luxo ;b]

*da canción Nunca Máis de La Fuga

18 de outubro de 2004

mas não, é este estar entre
este quase,
este pode ser que...
isto.
Fernando Pessoa


non paro de soñar contigo
e non quero parar.
quero seguir bailando.
lento.
preto.
e surrealisTa.
e afógome...
coa claustrofobia como vérTigo
de estar encerrada
e non querer saír.

salcedo, 10 outubro 2004

[se non entededes o do Vértigo, preguntádelle a Ismael Serrano, q el explícao moito mellor ca min... ;b]

14 de outubro de 2004

vacía

Auga que cae
e eu que morro
no vaCío.
Sen aire.
Sen respostas.
Sen miradas
que se cruzan.
Sen palabras sequera.
Con silenzos
que non falan.
Comigo. Contigo.
Sen nós.



salcedo, 23 de Setembro do 2004

[aos espabilados que se deron conta de q os dous últimos versos están plaxiados a Sabina cando di "y cada vez más tú, y cada vez más yo, sin rastro de nosotros" felicidades :)]